domingo, 5 de junio de 2016

Entrada 41: Madrid e Barcelona

Finalmente, chegamos ao fin desta sección do blog de Viaxes por todo o mundo, así que para esta última entrada traiovos as dúas cidades máis importantes de España: Madrid e Barcelona.

Madrid

Comezaremos por Madrid, a capital. Sendo un dos destinos máis visitados de Europa, Madrid destaca sobre todo por ter unha gran actividade cultural e de ocio, dende exposicións ata lugares emblemáticos que o fan un bo destino para viaxar.

Tamén destacan moito os fabulosos museos que posúe pero, sin lugar a dudas, Madrid é escollida polas enormas tendas de compras e pola gran actividade nocturna.




Barcelona

Agora falaremos de Barcelona. Aínda que non é a capital de España nin a máis poboada, sí é a que máis turistas ao ano ten, superando a Madrid. Barcelona destaca tanto polos seus innumerables barrios e plazas e ata polas súas estupendas praias.

Barcelona ten moitos lugares imprescindibles que visitar como a Sagrada Familia, o monumento máis visitado de España, e o Parque Güell, do que teño unha foto na descripción do blog. 



sábado, 4 de junio de 2016

Entrada 40: Granada

Como xa rematamos todos os continentes, nas próximas entradas serán lugares para visitar en España, neste caso comezaremos por Granada.

Granada, ademais de ser considerada unha das cidades máis bonitas de España, tamén é unha das máis bonitas de Europa. Ademais é un dos poucos sitios de España onde pode estar nevando nun lado da cidade e a xente na bañándose na praia no outro.

Esta cidade destaca sobre todo polo seu monumento por excelencia, a Alhambra de Granada, o monumento máis visitado de España e unha das 15 maravillas do mundo.



viernes, 3 de junio de 2016

Entrada 39: Austria, Viena

Como última cidade a visitar de Europa, facía falta terminar cunha cidade moi importante para o noso continente: Viena.

Esta cidade, coñecida como a capital mundial da música, ten un encanto especial, que será o escenario de moitos recordos inolvidables. En Viena pódese disfrutar dunha tranquila noite na ópera pero tamén é moi común tomar un café acompañado cunha deliciosa tarta austriaca.

Ademais de ser a capital da música, por ser a cidade de grandes compositores como Mozart, tamén destaca a súa cultura, xa que posúe máis de 100 museos ideales para visitar.



domingo, 29 de mayo de 2016

Entrada 38: Italia, Venecia

Continuando cas visitas en Europa, agora toca visitar Italia, destacando un lugar por enriba de outras cidades de Italia: Venecia.

Esta cidade, formada por 118 illas pequenas unidas por máis de 400 pontes, é considerada por moitas persoas a cidade máis bella de Europa. Pasear polas súas calles tomando un helado italiano ou un bol de frutas é algo típico de alí.

Venecia destaca sobre todo polos paseos en góndola por toda a cidade, disfrutando da beleza dos edificios e do canto do gondoleiro, aínda que tamén destacan os carnavais, os máis famosos do país. 



sábado, 28 de mayo de 2016

Entrada 37: República Checa, Praga

Rematados os continentes extranxeiros, vamos ao noso, a Europa e nesta entrada imos a visitar unha das cidades máis visitadas deste continente: Praga

Esta cidade, situada á orilla do río Moldava e capital da República Checa, é unha das cidades máis atractivas de Europa. Alí poderás visitar impresionantes castelos, enormes igrexas e maravillosas prazas e sinagogas.

Praga é un museo en sí mesma xa que hai visitas imprescindibles que non se poden perder, entre elas o Reloxo astronómico de Praga e o Castelo de Praga, a maior fortaleza medieval do mundo.



viernes, 27 de mayo de 2016

Entrada 36: Australia, Sidney

E para finalizar Oceanía, visitaremos un dos lugares do país máis importante e coñecido deste continente: Australia, e máis concretamente, Sidney.

Esta cidade, a máis poboada de Australia, é o lugar máis visitado do continente, sempre baixo o sol e rodeado de praias. Como se pode imaxinar, o país é moi famoso debido á cantidade de estranxeiros que a visitan ao ano, xa que ocupa un dos primeiros postos en nivel de vida.

En canto a visitas cabe destacar a Casa da Ópera de Sidney, mundialmente coñecida e declarada en 2007 Patrimonio da Humanidade.



domingo, 22 de mayo de 2016

Entrada 35: Indonesia, Bali

Continuando cos países de Océania, dirixímonos a unha das illas máis famosas e  fermosas de Indonesia: Bali.

Coñecida como a Illa dos Deuses, esta illa é famosa polos seus templos e pola cordialidade da xente. Alí tamén poderás encontrar innumerables praias cheas de palmeiras, manantiais, xunglas e pobos con diferentes culturas.

Bali é recoñecido como un dos lugares máis enriquecedores do mundo xa que posúe unha mestura de cultura, paisaxes, praias tropicais, clima tropical e baixos prezos.





sábado, 21 de mayo de 2016

Entrada 34: Nova Zelanda, Auckland

Deixando atrás a Sudamérica, dirixímonos cara Oceanía, a unha das cidades máis bonitas de Nova Zelanda: Auckland.

Esta cidade, coñecida como a cidade dos veleiros, é metade marina metade urbana. A súa localización xeográfica fai que sexa un dos lugares perfectos para practicar deportes acuáticos andar en vela visitando os seus fermosos portos.

Auckland posúe tamén unha atractiva vida nocturna, Resumindo, esta cidade é o destino ideal se estas visitando Nova Zelanda.



viernes, 20 de mayo de 2016

Entrada 33: Arxentina, Bos Aires

Para rematar América do Sur, visitaremos unha das capitais máis importantes deste continente sudamericano: Bos Aires.

Esta cidade de Arxentina é famosa pola vibrante vida e pola diversidade de barrios onde se pode visitar parques, galerías de arte e un montón de mercadillos.

Bos Aires tamén é unha capital cultural xa que é considerada a capital mundial de teatros contando con obras teatrais, óperas e postas en escea de tango.



domingo, 15 de mayo de 2016

Entrada 32: Brasil, Río de Xaneiro

Para continuar a nosa viaxe, o seguinte lugar a visitar estará en Brasil, nun dos lugares máis visitados deste país: Río de Xaneiro.

Este cidade, presidida polo Cristo Redentor, é coñecida co nome de Ciudad Maravillosa xa que deslumbra polas súas praias, a amabilidade da xente que vive alí e o seu abundante paisaxe verde.

Pero, sen dúbida, o máis impresionante de Río de Xaneiro son os carnavais que alí se celebran xa que entre samba, grupos de música e bailes de todo tipo alegrarían a cara a calquera.





sábado, 14 de mayo de 2016

Entrada 31: As Illas Galápagos

Rematado América do Norte dirixímonos ao Sur para continuar a nosa viaxe, a seguinte parada estará no Océano Pacífico: As Illas Galápagos.

Este arquipélago formado por trece illas de orixe volcánica, é un dos lugares máis exóticos destinos turísticos de Sudamérica. Estas illas son consideradas un museo da biodiversidade xa que alí conviven case dúas mil especies.

As Illas Galápagos esconden un sinfín de xoias naturais e de panoramas únicos, visítaas e disfruta!



jueves, 12 de mayo de 2016

Entrada 30: Estados Unidos, As Vegas

O último lugar que visitaremos en América do Norte encóntrase en Estados Unidos, nin máis nin menos que As Vegas.

Para comezar, ¿quen non pensou visitar As Vegas unha vez?. As Vegas é unha das cidades máis entretenidas do mundo. Alí os enormes casinos, os espectáculos e as festas fan deste lugar un paraíso, sobre todo na noite.

Nas Vegas o entretenemento para adultos está asegurado, e entre os enormes edificios e as luces de neón por todas partes fan deste sitio un lugar para divertirse ao grande!




domingo, 8 de mayo de 2016

Entrada 29: México, Cancún

O seguinte destino que visitaremos será México, concretamente a un dos lugares máis visitados do país: Cancún.

Cancún é famoso polas paradisíacas praias que posúe, xa que son as máis populares de México. Destaca tamén polo luxo e a comodidade se pasas unha estancia alí, aínda que tamén cabe destacar o natural e o exótico, que fan que Cancún sexa un paraíso único.



viernes, 6 de mayo de 2016

Entrada 28: Canadá, Ontario

Deixando atrás a África, continuamos a viaxe por América do Norte, máis concretamente na principal provincia de Canadá: Ontario.

En Ontario podes visitar a capital de Canadá: Ottawa. Ottawa é o lugar perfecto para coñecer a historia canadiense e para coñecer a cultura deste país. Alí podes tamén relaxarte e tomar paseos en bote polo río Ottawa e visitar toda a cidade.

Na fronteira con EEUU encóntranse as maravillosas Cataratas do Niágara, un lugar que non te podes perder si estas de visita por Canadá.



jueves, 5 de mayo de 2016

Entrada 27: Sudáfrica, Cidade do Cabo

Como última visita no continente africano, visitaremos a cidade por excelencia de África: Cidade do Cabo.

É considerada unha das cidades máis atractivas do mundo, todo grazas á fama das súas praias, onde podes practicar deportes acuáticos e surfear, e as maravillosas vistas da montaña Table situada no medio da cidade.

Na miña opinión, esta é unha das cidades perfectas para visitar, e si estas de viaxe por África non te podes ir sen coñecela.



domingo, 1 de mayo de 2016

Entrada 26: Marrocos, Marrakech

Continuamos cas visitas de África, hoxe visitaremos unha das cidades máis importantes do noso país veciño: Marrakech.

Esta cidade, situada aos pes das montañas Atlas, ten todas as cualidades dunha gran cidade. Alí podes ir de compras e mercar todo tipo de souvenirs en tendas artesanais e disfrutar da comida marroquí, aínda que si non che gusta moito o picante, vixía o que comes!




sábado, 30 de abril de 2016

Entrada 25: Exipto

Rematados os países de Asia, encamiñámonos a África, e máis concretamente a un dos lugares máis emblemáticos do mundo: Exipto.

Na súa capital, O Cairo, podes ver moitas maravillas, entre elas as únicas pirámides de Giza, un dos patrimonios de maior valor arquitectónico e cultural do mundo, e un dos lugares máis turísticos de África.

Polo outo lado, si eres máis de descansar, podes visitar o Mar Vermello onde hai moitos balnearios, praias e, sobre todo, sol.


viernes, 29 de abril de 2016

Entrada 24: Xapón, Tokio

Para rematar os países de Asia traiovos unha das miñas cidades preferidas do mundo, Tokio.

Tokio é a cidade máis poboada do mundo e é famosa pola súa extensa cultura, pola exótica gastronomía e sobre todo pola vida nocturna xa que pola noite é todo un espectáculo. Ademais, aínda que non o parezca, non é tan caro.

Penso que é un bo destino para visitar e é unha experiencia máis na vida estar alí e saber como viven.




jueves, 28 de abril de 2016

Entrada 23: As Illas Maldivas

As Illas Maldivas, coñecidas polas súas paisaxes paradisíacas son uns dos destinos máis visitados do mundo.

Estas illas son uns dos destinos máis románticos e orixinais que se poden visitar. Só hai unha desventaxa, din que pola culpa do quecemento global acabarán sumerxidas baixo o mar, xa que son as illas máis baixas do mundo.

Alí podes tamén disfrutar dun dos mellores espectáculos do mundo: o mar de estrelas.


miércoles, 27 de abril de 2016

Entrada 22: Emiratos Árabes Unidos, Dubai

O primeiro continente a visitar será Asia, un continente que ten lugares moi exóticos e interesantes. Hoxe traiovos Dubai.

Para min, esta cidade parece un lugar moi sorprendente na actualidade. Dubai é un destino moi bo si queres descansar e tomarte unhas boas vacacións, iso si, si tes o bolsillo cheo porque Dubai é un dos sitios máis caros do mundo.


martes, 26 de abril de 2016

Entrada 21: Visitas por todo o mundo

Boas tardes a todos! A partir de agora comezarei con esta nova sección na que vos mostrarei lugares de todo o mundo. Nas próximas entradas irei publicando tres lugares de diferentes continentes e algunhas curiosisdades de estes sitios tan especiais, espero que vos guste!

jueves, 21 de abril de 2016

Entrada 20: Xogando cos Códigos QR

Resposta: A Volta Ciclista a España
-------------------------------------------------------------------------
Resposta: Forma de 7
-------------------------------------------------------------------------
Resposta: Vengarco

Entrada 19: Imaxe intelixente



Esta imaxe intelixente dun aeroporto esta feita coa aplicación "Awesome Screenshoot". É unha aplicación fácil de utilizar e con moitos usos. Nesta imaxe pódese ver varios obxectos importantes que se poden encontrar nun aeroporto: Maletas, carritos, carteis, departamentos de facturación e pasaxeiros, e ata vos sinalo os aseos, por si é o caso.

Entrada 18: Presentación persoal coa app Powtoon

             

Entrada 17: Inserir pestanas ao blog

As pestanas tamén axudan, xuto cas etiquetas, a ter todas as entradas nun orde determinado. Para incluir pestanas ao teu blog so tes que facer:

  • Primeiro debemos abrir o blog e pinchar nunha das etiquetas xa configuradas (ver entrada 16).
  • Despois copiamos a URL que che da ao pinchar na etiqueta.
  • Agora imos a "Diseño" no menú do blog e creamos unha nova páxina.
  • Cando se abra o menú para editar a páxina, clicamos en "Añadir enlace externo" e ahí pegamos a URL e poñemos o título que queremos para a pestana.
  • Por último, darémoslle a "Guardar Enlace" e por último a "Guardar".
Este será o resultado: