domingo, 5 de junio de 2016

Entrada 41: Madrid e Barcelona

Finalmente, chegamos ao fin desta sección do blog de Viaxes por todo o mundo, así que para esta última entrada traiovos as dúas cidades máis importantes de España: Madrid e Barcelona.

Madrid

Comezaremos por Madrid, a capital. Sendo un dos destinos máis visitados de Europa, Madrid destaca sobre todo por ter unha gran actividade cultural e de ocio, dende exposicións ata lugares emblemáticos que o fan un bo destino para viaxar.

Tamén destacan moito os fabulosos museos que posúe pero, sin lugar a dudas, Madrid é escollida polas enormas tendas de compras e pola gran actividade nocturna.




Barcelona

Agora falaremos de Barcelona. Aínda que non é a capital de España nin a máis poboada, sí é a que máis turistas ao ano ten, superando a Madrid. Barcelona destaca tanto polos seus innumerables barrios e plazas e ata polas súas estupendas praias.

Barcelona ten moitos lugares imprescindibles que visitar como a Sagrada Familia, o monumento máis visitado de España, e o Parque Güell, do que teño unha foto na descripción do blog. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario