Que forma ten a illa vista dende o ceo?
sábado, 18 de junio de 2016
viernes, 10 de junio de 2016
domingo, 5 de junio de 2016
Entrada 41: Madrid e Barcelona
Finalmente, chegamos ao fin desta sección do blog de Viaxes por todo o mundo, así que para esta última entrada traiovos as dúas cidades máis importantes de España: Madrid e Barcelona.
Madrid
Comezaremos por Madrid, a capital. Sendo un dos destinos máis visitados de Europa, Madrid destaca sobre todo por ter unha gran actividade cultural e de ocio, dende exposicións ata lugares emblemáticos que o fan un bo destino para viaxar.
Tamén destacan moito os fabulosos museos que posúe pero, sin lugar a dudas, Madrid é escollida polas enormas tendas de compras e pola gran actividade nocturna.
Barcelona
Agora falaremos de Barcelona. Aínda que non é a capital de España nin a máis poboada, sí é a que máis turistas ao ano ten, superando a Madrid. Barcelona destaca tanto polos seus innumerables barrios e plazas e ata polas súas estupendas praias.
Barcelona ten moitos lugares imprescindibles que visitar como a Sagrada Familia, o monumento máis visitado de España, e o Parque Güell, do que teño unha foto na descripción do blog.
sábado, 4 de junio de 2016
Entrada 40: Granada
Como xa rematamos todos os continentes, nas próximas entradas serán lugares para visitar en España, neste caso comezaremos por Granada.
Granada, ademais de ser considerada unha das cidades máis bonitas de España, tamén é unha das máis bonitas de Europa. Ademais é un dos poucos sitios de España onde pode estar nevando nun lado da cidade e a xente na bañándose na praia no outro.
Esta cidade destaca sobre todo polo seu monumento por excelencia, a Alhambra de Granada, o monumento máis visitado de España e unha das 15 maravillas do mundo.
viernes, 3 de junio de 2016
Entrada 39: Austria, Viena
Como última cidade a visitar de Europa, facía falta terminar cunha cidade moi importante para o noso continente: Viena.
Esta cidade, coñecida como a capital mundial da música, ten un encanto especial, que será o escenario de moitos recordos inolvidables. En Viena pódese disfrutar dunha tranquila noite na ópera pero tamén é moi común tomar un café acompañado cunha deliciosa tarta austriaca.
Ademais de ser a capital da música, por ser a cidade de grandes compositores como Mozart, tamén destaca a súa cultura, xa que posúe máis de 100 museos ideales para visitar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)